Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un domingo de romaría na Santiña de Trasufre

Un domingo de romaría na Santiña de Trasufre
Ambiente en Trasufre-Foto-Rafa Quintans

Que auténtico ambiente de romaría que se vivíu nas Festas da Santiña de Trasufre, en Muxía. O lugar que agocha un dos segredos máis fermosos da bisbarra, as Caldeiras do Castro, celebraba a súa festividade, cun campo da festa a rebentar, unh amorea de misas cheas de feligreses.

Non só o campo da festa, senón todos os campeiros dos arredores foron tomados polas comilonas. As tortillas, os pementos, as empanadas... acompañadas de viño da casa e a caña para o café, para vivir unha desas comidas en familia tan galegas e tan nosas.

Que estas romarías non se perdan nunca, como diría o noso compañeiro Rafa Quintáns!

Festas da Santinha de Trasufre-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios