Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Sala de Exposicións Antón Mouzo abre as súas portas aos artistas da Costa da Morte

A Sala de Exposicións Antón Mouzo abre as súas portas aos artistas da Costa da Morte
Exposicion O Bruar da Bughina de Viki Rivadulla na Sala Anton Mouzo de Vimianzo

"Orgullosos do noso" é o lema da Sala de Exposicións Antón Mouzo do Concello de Vimianzo. Unha Sala que nos permitiu coñecer moitos artistas vimianceses que triunfan polo mundo adiante sen ser o seu traballo coñecido, nin recoñecido, polos seus propios veciños. Este mes de outubro de 2013 é o momento de abrir a Sala a outros artistas da bisbarra, e a primeira non é outra que a boa de Viki Rivadulla.

En Vimianzo puidemos coñecer a obra de artistas se sona internacional como Antón Mouzo, Xurxo Martiño ou Antonio Nodar; nacional como Chelo Lema; ou artistas que viven entre nós, que expoñen a súa obra en diferentes lugares de Galicia, e que os propios veciños descoñecíamos, como Xoán Carballo, Suso Fuentes ou Juan Cundíns, de diferentes artes plásticas: pintura, escultura e fotografía.

A Sala inaugurouse en setembro de 2011 sendo unha merecida homenaxe ao noso artista máis recoñecido, Antón Mouzo, e naquel acto de inauguración contamos coa presenza da artista muxiá Viki Rivadulla, amiga do pintor vimiancés, que durante moitos anos reivindicou unha homenaxe ao artista soneirán na Costa da Morte.
O vindeiro venres, día 18 de outubro, Viki Rivadulla inaugurará a súa propia Mostra de pintura e escultura “O bruar da bughina”, que ela mesmo xa describiu dende a súa Sala do Perello, sendo a primeira artista non vimiancesa que expón na Sala de Exposicións Antón Mouzo. Viki Rivadulla traerá o mar a Vimianzo coa súa obra, esculturas e pinturas que nos falan do traballo do mar, da vida dos homes e mulleres da Costa da Morte.

A “bughina” soará en Vimianzo na Sala de Exposicións Antón Mouzo desde o venres día 18 de outubro ata o 13 decembro. Ábrese deste xeito a Sala aos artistas da Costa da Morte que terán na Sala de Exposicións Antón Mouzo un referente de exposición artística.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios