Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Romaría da Barca non baixa o ritmo

A Romaría da Barca non baixa o ritmo
Muxia chea ca Barca-Foto-Albergue Bela Muxia

Menuda Barca! Non decae a Festa das Festas. A romaría máis multitudinaria de toda a Costa da Morte, unha romaría chea de historia como nos contaba Manuel Vilar, a que serve para pechar o verán, segue mantendo a súa privilexiada posición como o demostrou esta pasada fin de semana. Hoxe luns, aínda toca festa no día de gala dos muxiáns por excelencia, cando saen os traxes á rúa, pero o xentío xa foi volvendo para as súas casas.

Abría a Romaría, lembremos, unha das Festas de Interese Turístico Nacional, o pasado venres co pregón en clave feminina de Viki Rivadulla. Un pracer ver a unha das nosas colaboradoras subidas ao estrado, como a segunda pregoeira da historia da Barca. E falou sobre o seu pai, un namorado de Muxía, e sobre todo falou do papel da muller, nesa batalla feminista que mantén orgullosamente aberta dende a Sala do Perello.

E coma sempre, e como en case todas as romarías tradicionais que quedan vivas, a festa da Barca diviuse en dous. Por unha banda a mocidade, que invadiu cun mar de tendas de campaña a entrada de Muxía, e cun mar de lixo o campo da festa a cada verbena.
Polo outro, os devotos, os fieis, que fan a peregrinaxe, que xa chegan canda a novena e que volven o domingo para facer abalar a pedra.

Asi quedaba trala verbena o campo da festa na Barca-Foto-Marcos Vazquez

Como detalles organizativos podemos apuntar que a Barca contou cun orzamento de 90.000€, o segundo da bisbarra por detrás do Carme de Camariñas. E no mantemento da seguridade traballaron máis de 70 efectivos de protección civil chegados de todas partes do estado, para axudar e ao tempo disfrutar dos momentos máis auténticos. Os que sempre se lembran, os fogos de artificio e esas tracas de petardos tan propias.

Fogos de artificio da Barca 2013-Foto-Albergue Bela Muxia Menuda Sesión vermú a doo sábado da Barca-Foto-Arancha Alvarez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios