martes. 13.05.2025
El tiempo

Comeza a tempada deportiva municipal no Concello de Muxía

Comeza a tempada deportiva municipal no Concello de Muxía
Actividades Deportivas do Concello de Muxia 2013-2014

O Concello de Muxía, ademais do programa Cultural trimestral, abre o prazo de inscrición para participar nas distintas actividades deportivas municipais que darán comezo o vindeiro 21 de outubro. A oferta deportiva vai dirixida tanto a poboación infantil como a poboación adulta, propoñendo actividades orientadas ás condicións de cada sector poboacional.

A meirande parte das actividades deportivas propostas terán lugar nas instalacións do Polideportivo Municipal, agás as desenvolvidas nas escolas das distintas parroquias.

Polas características motrices dos habitantes do Concello de Muxía, podemos salientar que hai grupos de idade con características diferentes en relación coa actividade física e a saúde.

O primeiro grupo, serían os rapaces en idade escolar. A pesares de que o índice de natalidade descendeu drasticamente nas últimas décadas, consideramos que este grupo de poboación debe de ser tratado como a base onde incidir de maneira directa na educación para a saúde, e na implantación na poboación dunha serie de hábitos de vida saudable, baseados na boa alimentación e na practica regular de actividade física. Para a consecución de este ambicioso obxectivo, é de obriga coordinarse de xeito directo cos centros educativos do municipio e cos centros de saúde, coa fin de traballar de modo coherente e proporcionar a cidadanía a posibilidade de practicar actividade física de maneira regular e segura.

Zona envellecida

Por non desmarcarnos das características poboacionais da Comunidade Galega, é salientable que o grado de envellecemento do noso Concello vai en aumento, polo que se precisa dunha oferta ampla e variada de actividades, orientadas a mellora da condición física dos nosos maiores.

Entendese que estes sectores de poboación presentan unhas características específicas, o que fai necesario unhas formas de intervención específicas. Nesta senso, a oferta deportiva divídese en actividades para a poboación infantil e actividades para a poboación adulta, abarcando un amplo abano de posibilidades, desde a educación psicomotriz, pasando polos deportes de loita, de equipo, de deslizamento, hasta actividades de relaxación e musculación, todo traballado desde unha perspectiva lúdica e orientada a mellora da saúde.

Inscrición

Para poder participar nalgunha destas actividades, débese formalizar a inscrición no Departamento de Deportes do Concello (de 10:00 a 15:00 h. de luns a venres) antes do vindeiro xoves 17 de outubro.

Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981-742001 ou consultar a páxina web do Concello www.concellomuxia.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios