O BNG de Muxía artellou outra comprometida Tarde con Palestina

Boa acollido tivo a "II Tarde Solidaria co Pobo Palestino", celebrada o pasado venres Biblioteca de Muxía. Organizada polo BNG de Muxía e apoiada polo BNG da Costa da Morte, o acto volveu amosar o apoio da sociedade costeira ao pobo palestino.

O acto comezou coa proxección do documental "Urxente por Palestina", seguido da actuación musical da cantante Dena. Logo leuse un manifesto de solidariedade con Palestina, no que  denunciouse o xenocidio sionista. Houbo exposición de libros e obras doadas por diferentes artistas, que están á venda para recadar fondos para a UNRWA. O evento finalizou coa degustación duns petiscos para o público asistente.

Exposición de fotos