Muxía vivíu unha tarde solidaria co pobo palestino

O BNG muxián artellou este domingo unha “Tarde solidaria co pobo palestino”. A Biblioteca de Muxía acollía un acto presentado pola voceira do BNG local, Mercé Barrientos, no que colaborou o BNG de Cee, que facilitou os medios técnicos.
Deu comezou coa proxección do documental “Gaza”, facilitado pola Fundación Araguaney coa colaboración da distribuidora El Retorno Producións. Posteriormente interviron a portavoz do BNG de Muxía, Mercé Barrientos, a directora do colexio Eduardo Noya de Vilarmide, Luisa Gerpe, e o activista palestino Mohamed Safa.

O palestino afincado en Corcubión explicou con claridade a situación que está vivindo Palestina desde hai 75 anos, e sinalou que “o dereito á defensa pertence aos pobos ocupados, non aos ocupantes”.
Para rematar, houbo uns petiscos para os asistentes e preparouse unha exposición para vender obras artísticas de diversos autores que colaboraron de xeito solidario para recadar fondos para a UNRWA (Axencia da ONU para os refuxiados palestinos).
A vindeira concentración na comarca será o luns 11 de marzo.
📣 Nova xornada de mobilizacións en 26 localidades do país para denunciar o xenocidio do pobo palestino a mans do sionismo israelí. Galiza, sempre solidaria, non fica impasíbel ante o sofrimiento da #Palestina.#palestinavencerá #Palestinalibre 🇵🇸#CeasefireNOW pic.twitter.com/24x3tBnZCy
— Galiza por Palestina (@galizapalestina) February 29, 2024