Luns. 29.04.2024
El tiempo

O profesorado do IES Fernando Blanco súmase á iniciativa #oensinogalegoconpalestina

Concentracion do IES Fernando Blanco Docentes por Palestina
O profesorado do IES Fernando Blanco súmase á iniciativa #oensinogalegoconpalestina

Facía o colectivo #DocentesconPalestina un chamamento para realizar este venres unha concentración simultánea nos centros de ensino do país para denunciar o xenocidio que sofre o pobo palestino a man do estado sionista de Israel.

Varias foron as respostas na comarca, como a do profesorado do Instituto Fernando Blanco que se sumou á iniciativa #oensinogalegoconpalestina. “Consideramos que a comunidade educativa “non pode permanecer impasible ante a masacre da poboación civil en Palestina”, explicaron dende o centro, que apuntan que todos os venres ata que remate o xenocidio farán unha concentación ás portas do instituto, invitando a toda a comunidade educativa a participar.

”Denunciamos o xenocidio que se está a cometer contra o pobo palestino; esiximos o cese inmediato do fogo en Palestina; esiximo a reapertura dos pasos fronteirizos para a libre circulación de axuda humanitaria”, rezaba o maifesto.

Concentracion do IES Fernando Blanco Docentes por Palestina 2

Un manifesto que lembra que “está pasando agora, mentres lemos estas palabras”. “A comunidade escolar temos a obriga de actuar fronte á barbarie e actuar como o que somos, unha sociedade civil, para presionar os nosos gobernos co fin de parar o xenocidio”. “O silencio, a equidistancia, ignorar o que está a suceder en Gaza é incompatible coa solidariedade, a xustiza e a cidadanía democrática”.

O manifesto rematou co derradeiro poema que escribiu Hiba Kamal Abu Nada, antes de morrer o 20 de outubro de 2023 aos 32 anos na súa casa de Gaza por un bombardeo.

A noite na cidade é escura.
excepto polo brillo dos misíles;
silenciosa, excepto polo balbordo do bombardeo; aterradora, excepto pola promsa tranquilizadora da oración; negra, excepto pola luz dos mártires.
Boas noites.

Safa na Coruña

Esta semana, o activista costeio Mohamed Safa deu unha das súas potentes charlas ante unhas 60 persoas na Coruña. Podedes ler a crónica no Xornal da Coruña.

Máis novas

Comentarios