O BNG volveu secundar a concentración por Palestina en Carballo e Corcubión
Convocada polas entidade "Mar de Lumes", "BDS Boicot a Israel", "Galiza por Palestina" e "Asociación Galaico Árabe Jenín", este luns 6 de maio volveu haber concentracións a favor do pobo palestino en vilas de todo o país. Tamén na comrca, da man do BNG, que fixo parada en Corcubión e en Carballo.
No acto douse lectura a un comunicado denunciando que se cumpren 7 meses de masacres diarios das forzas sionistas de Israel contra a Faixa de Gaza, provocando a morte e destrución do pobo palestino, e deixando 34 mil persoas asasinadas, das cales 14 mil son crianzas.
Denunciouse tamén a "vergoñenta posición" da comunidade internacional, que neste tempo foi incapaz de consensuar unha posición de forza contra o agresor sionista, ao que segue a vender armas.
Concentración de apoio a Palestina en Carballo. Le o manifesto Daniel Pérez, do BNG. pic.twitter.com/JA1bjfgUTk
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) May 6, 2024