Sábado. 27.04.2024
El tiempo
Viki Rivadulla
21:32
05/03/24

Palestina. Nenos de Ningures

NENOS DE NINGURES, 2017-Viki Rivadulla
Nenos de ningures (2017). Viki Rivadulla
Palestina. Nenos de Ningures

Hai tempo que os seres humanos perdemos a nosa animalidade. E así perdemos a posibilidade de conectarnos con outros seres vivos, animais e vexetais. Perdemos de formar parte dun todo. Saímos desa cadea marabillosa que é a conexión entre todos os seres da natureza. E quedamos sós. Quedamos do outro lado da natureza.

Mais quedábanos a nosa humanidade.

Agora chegamos a un punto de non retorno, no que tamén perdemos a nosa HUMANIDADE.

Pasamos todas as liñas vermellas

Esquecemos o HUMANISMO como defensa da dignidade humana, da creación humana e da liberdade. Porque en Gaza estamos todos dun xeito ou doutro. En Gaza estamos todos coma verdugos ou coma vítimas, coma oprimidos ou coma opresores, coma asasinos ou coma asasinados...coma seres dignos ou coma seres abominables.

Aí estamos todos.

E hai que mollarse e dicir como queremos estar aí: O SILENCIO XA NON SERVE.

Porque xa non colle mirar cara outro lado.

Queremos ser parte desta Europa vergoñenta que mira ao outro lado?

Queremos ser cómplices e observadores cegos e xordos ante a máis obscena e cruel impunidade dos asasinos?

Se non perdésemos a nosa animalidade talvez saberíamos que os adultos temos a obriga de amparar ás crianzas. Non podemos asasinalas. E non podemos deixalas morrer de inanición.Temos a obriga de darlles un entorno seguro. Non de enterralos.

Xa non hai marcha atrás. Porque pase o que pase as vidas arrebatadas son irrecuperables.

A historia xulgará este xenocidio. Este momento miserable no que a humanidade desapareceu para sempre.

E xa non queda nada.

Solo a dignidade do pobo palestino que nunca deixou de loitar para defender a súa casa . O seu dereito a vivir en paz.

Para o resto, para os cómplices e para todas esas bestas que teñen de chumbo as caveiras solo queda o que di un sabio poeta-taberneiro amigo meu: que chegue o meteorito e salve a este planeta de nós.

Mais non esquezades que debaixo de cada morto está Palestina. Baixo cada edificio destruído está Palestina. Palestina segue aí. Porque Palestina vencerá!

Viki Rivadulla. Gaza
Viki Rivadulla. Gaza

Máis novas sobre Palestina

ARTIGOS E NOVAS DE VIKI RIVADULLA EN QPC

Comentarios