Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha cálida homenaxe ao artellador social, Jesús Trillo

Encontro na Casa de Trillo 2019
Fernando Barroso tocando a mandolina no Encontro da Casa de Trillo ante Pilar Trillo, Félix Porto e Jesús Picallo
Unha cálida homenaxe ao artellador social, Jesús Trillo

A Casa de Trillo congregou o venres, 22 de marzo, a máis de medio centenar de persoas nun novo encontro centrado en lembrar á figura de Jesús Trillo e en lanzar a nova etapa con Pilar Trillo ao frente. Foi un acto cálido e emotivo, amenizado cun concerto de mandolina de Fernando Barroso, que era a segunda vez que viña.

Os presentes destacaron do falecido periodista a súa xenerosidade, o seu papel artellador a través da rede de contactos, o impulso a varios proxecto comarcais que continúan e o seu importante papel na defensa da Costa da Morte. Pilar recibiu parabéns e moitos ánimos por haber tomado a decisión de seguir co negocio familiar, e deixar o seu proxecto profesional polo gran reto dunha vida de empresaria e autónoma... na súa casa, no rural.

Despois do concerto de Barroso, abríuse unha pequena tertulia na que varios dos presentes foron invitados por Pilar a participar. Empezou Juan Salgado, que fora subdirector do Correo Gallego, quen destacou a honestidade periodística do seu compañeiro e a súa loita na defensa da Costa da Morte.

Tamén se atopa alí Anabel Piñeiro que traballou como técnica de Turismo en APTCM, naqueles tempos do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte. Destacou a xenerosidade e o saber escoitar de Jesús e lembrou o seu apoio cando rematara o seu master e quixeron montar un congreso internacional de Turismo na Costa da Morte, que se fixo realidade.

Lola Pena, presidenta de Afiprodel Galicia, boa coñecedora das persoas da casa lembrou a labor periodística e o papel de artellador social de Jesús. Desexoulle sorte a Pilar e deulle as grazas por continuar no rural.

Jesús Picallo, presidente de SOLPOR, que leva agora o Semáforo de Fisterra, lembrou a inauguración de Casa de Trillo e invitou a Pilar a formar parte da directiva de esa asociación.

Moi emotiva foi a intervención de José Gabín, presidente de FECOM. Lembrouno como ser humano e como activo partícipe no entramado asociativo da Costa da Morte.

 

Comentarios