Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Camping Lago Mar tamén será o epicentro cultural do verán costeiro

4 muxians no Camping Lago Mar
Adrián Alcaina Romaní, Manu Nogueira, Sergio Tarrela Rial e David Fernández Pérez, os promotores muxiáns do Camping Lago Mar
O Camping Lago Mar tamén será o epicentro cultural do verán costeiro

Arriou as velas do verán o camping LagoMar. Xa cunha boa ocupación e unha boa estimación de cara a estes meses de xullo e agosto, o renovado camping sito ao carón da praia do Lago, en Muxía, quere deixar tamén a súa pegada para a xente da comarca.

E para iso, os 4 bravos xogadores do CF Muxía, Adrián Alcaina Romaní, Manu Nogueira, Sergio Tarrela Rial e David Fernández Pérez, preparan un completo programa de concertos para darlle moita a esa privilexiada terraza.

Así, “o camping vai funcionar como un espacio cultural, onde teñan cabida diferentes eventos como música en vivo, pintura de cadros en directo ou exposicións artísticas por exemplo”, explican os promotores. Á espera de ir confirmando semana a semana as actuacións concretas (que anunciarán a través das súas redes sociais), xa teñen un cartel cunha serie de nomes que pasarán polo LagoMar ao longo dos meses de xullo e agosto.

Esta finde xa hai dous bolos. O sábado churrasco ao mediodía con Rubén PB, e o domingo, de novo á hora do vermú, paella con Tato & Espiño.

A partir de aí irán pasando xentes como Adhara&Ritman, Carolina Rubilosa, Jarbis, Javi Turnes, Malasombra, Saudade Tropical e moitos máis.

Programa de concertos no Camping Lago Mar de Muxia veran 2024
Programa de concertos no Camping Lago Mar de Muxia veran 2024

Máis novas

Comentarios