Cari Ca pinta en Merexo pola Paz en Palestina
08:51 20/08/24
Simbólico encontro pictórico o que se viven estes luns 19 e martes 20 no vivo Camping Lago Mar. O espazo de Merexo, Muxía, acolle un actividade dirixida pola artista Cari Ca, xunto con Paula Naya, en solidariedade con Palestina. Están realizando uns cadros alegres e coloridos, totalmente opostos ao que poderia esperarse cando pensamos no pobo palestino nestes anos. Pero a esperanza de que un día gocen en liberdade segue latente.
Por iso, expoñen “Dende o río ata o Mar”, unha serie de acuarelas e óleos realizada no 2024 para unha exposición solidaria con Palestina. Pero ademais, fan pintura en vivo, e do que vendan, enviarán a axuda a Palestina a través da UNRWA.