mércores. 30.04.2025
El tiempo

O camping vivo de Merexo

Camping Lago Mar Evento
O camping vivo de Merexo

Leva un par de meses abertos, como proxecto emprendedor, de vida e para poder quedar na casa, de 4 rapaces de Muxía e do Muxía. E a pinta que está tendo o Camping Lago Mar (Merexo, Muxía) neste comezo de verán non pode ser máis positiva. O Camping suma boas cifras, enchendo toda segunda quincena de xullo e con moi boas previsións para o mes de agosto. Un camping con moita rotación, moita entrada e saída, no que se mestura moita xente europea (alemáns, suizos, belga, franceses…) con xentes doutras partes da península (cataláns ou vascos…).

Esa mestura marida á perfección coa veciñanza da Costa ávida de eventos, que visita o privilexiado escenario mirando ao mar nos eventos que artella o Camping durante todo o verán. “A verdade é que temos un ambiente moi san”, explican os armadanzas. “Estamos moi contentos, tanto pola ocupación como por como están funcionando os eventos. Hai un público moi familiar, xa que os eventos normalmente ás 19:30h para poder aproveitar a praia. Ademais a xente está aceptando moi ben o formato entrada inversa, no que poden dar o consideren ao remate do concerto”.

WhatsApp Image 2024-07-29 at 19.18.48

Programa completo para o mes de agosto

Demostran que lles encanta a promoción cultural, como o demostran outros proxectos no que estiveron inmersos como a Mimatruck ou o Orballo Cultural, cunha programa para o mes de agosto espectacular, no que abren a porta aos visitantes como aos veciños e veciños da comarca que queiran vivir eventos singulares.

Música en vivo, pintura en directa, talleres de lixo creativo, talleres de pintura, sesións de títeres, ou ata unha limpeza nun coído de Merexo, forman parte do programa para este mes:

Agosto no Camping Lago Mar de Muxia

Máis novas

Comentarios