Completada a moción de censura en Muxía: Javier Sar investido como novo alcalde

Javier Sar novo alcalde de Muxia

Cun auditorio cheo, e algo tenso, froito do ambiente de crispación alentado nas redes sociais, o Salón do Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Muxía acollía esta mañá de luns 7 de outubro o pleno extraordinario para a realización da moción de censura que os grupos de IxMuxía, PP e BNG acordaban para sacar da alcaldía ao socialista Iago Toba.

Tras 4 longas intervencións, Javier Sar foi investido como novo alcalde cos votos a favor do PP, Indepentendes e BNG. Sar deixou claro no seu discurso que o seu obxectvo será o “normalizar e formalizar a vida política”, e pediulle ao PSOE que “cambie a súa maneira de facer política”. “Temos que ser capaces de negociar, e de acabar un pleno e ir ao bar a tomar todos xuntos un café, un viño, un cubata ou un nestí”, instou ao remate, antes de adicarle a investidura ao seu irmán Vituco, que lle aprendeu o máis importante na vida: a “ser legal”.

O novo rexedor, que xa manfiestara que non se deixarían levar polos tempos apremiados do ex rexedor nas redes, asegurou que nunhas horas farán pública a composición do novo goberno.

Intervencións: Abriu Sar

Abría a quenda de intervencións antes da moción o propio Sar, que comezou destacando a “legalidade e legimitidade desta moción de censura”, lembrando ademais que os 3 grupos sacaron 405 votos máis que os socialistas. Destacou que o BNG mantivo sempre a liña vermella de non apoiar unha investidura do BNG nin aceptaría unha investidura propia co apoio popular, polo que única vía era o acordo entre os 3 grupos para investir a un Independente, “pero para iso tivo que pasar varios meses”, sen “intereses ocultos” por ningún lado.

Deu tres razóns para o acordo: Por un lado, criticou a “falta de xestións dos recursos” dun goberno socialista que non deixou de “abusar do remantente e modificacións de créditos”, como avala Intervención, lembrando as multas a Augas polo estado das depuradoras, multas a portos, ou perda de subvencións. Denunciou que o Concello segue cos “orzamentos prorrogados dende 2022”, por mor da “incapacidade de chegar acordos do rexedor”.

En segundo lugar sinalou que o Concello é “o faime rir de toda a comarca”, e en terceiro denunciou a “actitude arrogante, e burlesca” do rexedor, antes de rematar entre os aplausos de media bancada.

Intervención de Toba

Iago Toba tomaba a palabra, de novo coa súa actitude chulesca, cun sorriso de prepotencia, e cun vocabulario burdo, comezando por chamar a Sandra Vilela “a boicoteadora principal” e “radicais” aos representantes do BNG. Toba defendeuse dicindo que “non cometera ningún delito”, e volveu facer de vítima ante os “eternos achaques” da oposició. Acabou cunha estrana alusión ao “cuello” e ás “rodillas” (en castelán), lanzando unha acusación á edil do BNG sinlaando que ten as “rodillas ensangrentadas”. Chegou mesmo a fachendear de pai de familia, e acusando ao resto de edís de non ter lazos familiares.
No seu peche, antes dunha forte ovación, trouxo un himno de Sés, que non sabemos que pensará do seu uso por parte do ex rexedor socialista.

Sandra Vilela

Tomou a palabra unha Sandra Vilela, moi seria, xa sinalando que “o discurso de Toba era un bo exemplo do que levamos sufrindo estes 5 anos”, aínda que “hoxe foi bastante “light””. “Un resumo das vexacións, facendo referencias persoais… que levamos sufrindo”, deixou claro. Vilela lembroulle que o único partido que perdeu representación foi o PSOE (“a veciñanza quitouche a maioría absoluta”), e tamén lle dixo que o PSOE ostenta o goberno de España sen sen a forza maioritaria.

A voceira do PP trouxo a colación ante a intervención de Toba que trala denuncia que ten presentada, a Fiscalía decidiu presentar unha denuncia por delito de prevarización admnistrativa, que se atopa en proceso de instrución no Xulgado de Corcubión. “Igual dentro duns meses vémolo declarando de imputado”.

Pero Vilela deixou claro cales son as claves desta moción: “Levamos 5 anos denunciando o que pasa neste Concello. Falta de respecto absoluto, con continuos insultos e difamacións que crearo un ambiente de crispación en toda a vila. O acontecido durante estes 15 días, con calumnias, denigración… é un exemplo”, lamentou, denunciando o “carácter despótico e arbitrario” do ex rexedor, así como a súa “desesperación ante a perda do único sustento económico que tivo na súa vida laboral”. Fixo unha mención aos traballadores municpais, que tamén sufriron esa crispación.

A versión do BNG

Esperada tamén era Mercé Barrientos, trala apertura do expediente pola Comarcal. Falou, pero en clave da Asemblea Local, e argumentou cunha razón moi clara e simple: “As actitudes de Iago Toba superaron os límites do admisible”. Lamentou o continuo “abuso das redes sociais para arengar, “alusións insoportables”. Barrientos leu unha serie de “insultos e burlas continuas” proferidas polo ex rexedor durante diversos plenos á súa persoa, que xeran vergoña allea a quen os puido ver e aos que estaban no auditorio.

Lembrou o traballo de concialición do anterior voceiro do BNG, Carlos Concheiro, que acabou cunhas lamentables pintadas aludindo á súa vida persoal. Criticou a “xestión política pésima” do goberno, a falta de intención de negociar, pero sobre todo as “mentiras, insultos e faltas de respecto para saír do paso cando se lle pide render contas”. O auditorio volveu romper en aplausos ante a súa valente intervención.

Representantes dos tres grupos promotores da moción

APOIO DO PSOE

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña arroupou a Iago Toba no pleno municipal da moción.  Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, acudiu a Muxía xunto a decenas de alcaldes, alcaldesas, portavoces e edís socialistas de toda a provincia.
Estiveron presentes en Muxía os alcaldes e alcaldesas socialistas de municipios como A Baña, Bergondo, Camariñas, Cee, Cerceda, Dumbría,
Negreira, Paderne, Santa Comba, Val do Dubra, Valdoviño ou Vimianzo, entre outros.

Máis novas