Botará o BNG á concelleira muxiá Mercé Barrientos pola moción de censura?
Despois de coñecer onte o acordo para a moción de censura en Muxía, mediante o cual BNG e PP chegaban a un acordo a tres para sacar un alcalde socialista e impoñer un Independiente, as primeiras cábalas reflexionaban sobre que pasará coa edil do BNG, Mercé Barrientos. Moitos lembraron a historia de Dani Oca, tristemente apartado da política municipal pola nacional do BNG cando apoiou a necesaria moción de censura contra Ramón Vigo.
I é que as liñas vermellas formuladas polo BNG adoitan ser firmes, e poucas veces se paran a analizar as necesidades reais dos pequenos concellos antes de tomar decisións.
A primeira hora de onte xa era o PSOE Provincial o que denunciaba o que considera como “un atropelo democrático, e pedía a Ana Pontón “a aclarar se avala” a moción.
Non tardou o BNG en responder. Pola noitiña lanzaba un comunicado claro: “O BNG non avala a moción de censura de Muxía asinada co PPe IxM”, trasladando a petición de apertura de expediente á asemblea comarcal da Costa da Morte, órgano encargado segundo fixan os estatutos.
A Nacional do BNG “critica e rexeita a actitude do actual rexedor, despótica e pouco democrática”, lamenta que que “fose perfectamente coñecida pola dirección do PSdeG" e que aínda así ignoraron sen adoptar ningunha medida”, pero pon primeiro a “coherencia” cos acordos adoptados polo Consello Nacional.
O BNG comarcal
O BNG comarcal, logo de recibir o comunicado da executiva nacional, convoca ao consello comarcal, máximo organo de direccion da comarca, e responsable de tomar estas decisións, para o vindeiro luns, 30 de setembro.
A postura do PP
O que non parece perigrar é o posto de Sandra Vilela como portavoz do PP de Muxía. Ao longo do día de hoxe seguramente a provincial do PP fará unha valoración pero xa onte Rueda deixaba claro que “no PP non nos pechamos a este tipo de pactos”, e lanzaba unha mensaxe clara ao BNG: “os dos cordóns sanitarios son outros”.