Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A oposición muxiá únese e presenta unha moción de censura contra Iago Toba

  • Os grupos propoñen a Javier Sar Romero, de Independentes por Muxía, como candidato á alcaldía
A oposicion de Muxia presentando mocion de censura
Membros dos 3 grupos da oposición presentando a moción de censura
A oposición muxiá únese e presenta unha moción de censura contra Iago Toba

Aconteceu. Os 3 grupos da oposición do pleno muxián veñen de presentar no Concello hoxe, luns 23 de setembro, unha proposta de moción de censura para a destitución de Iago Toba Campaña como alcalde de Muxía.

Independentes por Muxía, BNG e PP puxéronse dacordo por fin, despois de sufrir durante varios anos unha situación municipal insostible, cun rexedor inestable, maleducado e condescendente, que saca de quicio ao resto de edís, sexan da cor que sexan. 

Xa en maio de 2023, tralos resultados nas pasadas eleccións municipais, moito se falou desta posible coalición para impedir que un PSOE en minoría gobernase o Concello.

Agora, os tres grupos propoñen ao concelleiro Javier Sar Romero, de Independentes por Muxía, como alcalde do Concello de Muxía.

Segundo a lexislación vixente, o pleno extraordinario para a celebración da moción de censura queda convocado para o luns día 7 de outubro ás 12:00 horas.

Contexto

Complicado é chegar a unha situación na que PP e BNG cheguen a un acordo para investir ao candidato dun terceiro partido. Pero para iso, poñen contexto no seu escrito:

"Os últimos 16 meses de lexislatura, nos que o actual alcalde se negou continuamente a dialogar coa oposición, caracterizáronse pola ausencia de orzamentos actualizados; abuso na utilización e esgotamento do remanente; extralimitacións na contratación menor; pago de facturas e contratación sen partidas orzamentaria asignadas; incumprimento de acordos plenarios; xestión ineficiente dos servizos municipais; contratos vencidos sin renovar; incapacidade para o diálogo político; ataques de carácter persoal e menosprezo ao labor da oposición; ademáis de que o SAF permanece sen licitar.

Ó longo destes 16 meses, a oposición solicitou ó Sr. Alcalde, reiteradas veces, un cambio de rumbo tanto na súa xestión coma nas súas formas. Cambio que, lamentablemente, nunca se deu.

Ante esta situación de desgoberno e divisón, e ante a falta dunha maioría absoluta, propoñemos un cambio que vai máis alá de siglas políticas e intereses partidistas, forxado cun sentido de responsabilidade política, confianza, lealdade, respecto e entendemento entre os distintos grupos que conforman a corporación municipal. Un novo goberno onde o diálogo, a transparencia e a atención aos problemas e necesidades da veciñanza sexan unha realidade".
 

Máis novas sobre o proceso

Comentarios