Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O BNG comarcal si abre expediente á edil que facilita a moción de censura en Muxía

merce barrientos do BNG Muxia CON ponton copia
Mercé Barrientos nunha visita con Ana Pontón
O BNG comarcal si abre expediente á edil que facilita a moción de censura en Muxía

Cede o BNG comarcal ás presións da Nacional e trala reunión da pasada noite do luns 30 de setembro, decide abrir expediente disciplinario á concelleira de Muxía Mercé Barrientos por “vulnerar o acordo do Consello Nacional do BNG adoptado na reunión do 3 de xuño de 2023, en relación cos criterios políticos para acordos no ámbito local”.

A concelleira muxiá vén de facilitar a necesaria moción de censura que desbancará ao alcalde socialista Iago Toba, e situará ao edil independente Javier Sar, co apoio tamén do PP.

Volve a Nacional do BNG poñer as liñas vermellas por riba das necesidades dos pobos, das xentes, argumentando a necesida de manter o seu “compromiso do BNG coa responsabilidade e a coherencia nos principios dos que nos temos dotado colectivamente”.

Con todo, desde o Consello Comarcal da Costa da Morte queren “deixar claro que o PSOE contribuíu a chegar a esta situación, pois tendo coñecemento das actitudes intolerábeis do seu alcalde cara á concelleira do BNG, o PSOE non tomou ningunha medida para deter o comportamento machista, irresponsábel, irrespectuoso e antidemocrático do seu alcalde”.

Lembran que “durante os últimos meses, a concelleira do BNG foi obxecto de comentarios e actitudes que non só minan a súa dignidade, senón que tamén reflicten un ambiente político tóxico que non debería ter cabida na nosa sociedade”.

O propio BNG denunciaba as actitudes homófobas do rexedor en varios plenos con “expresións de todo punto intolerábeis como “igual quixestes ter fillos e non os tes”, “se vostede non sabe o que é ter un fillo, alá vostede”, ou “vostede a puntiña nada máis”.

Máis novas

Comentarios