Denuncian que a mala xestión do porto deportivo de Muxía o está baleirando


Dun total de 233 prazas de amarre, só hai cubertas 40. 40 embarcacións que atracan no porto deportivo de Muxía das que ademais, apenas 15 pagan as cotas que establece Portos de Galicia para poder disfrutar dos servizos de auga, luz… ademais do propio amarre. Son moitos os que rompen a porta de acceso aos embarcadoiros ao non ter a tarxeta de acceso, que só teñen os abonados.
E ante esta situación, ca falta de control e de información existente, a entidade responsable da xestión do porto decidiu cortar a luz e a auga, deixando sen os servizos básicos aos que non pagan a súa cota, pero tamén aos que si o fan.
Así, a xente abonada estase dando de baixa do servizo, deixando de novo un porto deserto. E se xa quedan case 200 prazas por cubrir, en breve o porto deportivo quedará baleiro, demostrando unha vez que as infraestruturas fanse sen analizar primeiro a repercusión no lugar.
Dende o Concello aseguran que están traballando para intentar solucionar o problema, se ben entenden que se trata dun problema que ten que solventar Portos.
Novas relacionadas
- 26-01-12: O PSOE pregunta por que está paralizado o porto deportivo de Muxía e a Xunta responde que segue en trámites.
- 27-05-10: Muxía prepara unha nova regata sen porto deportivo.
- 21-01-09: Comezan as obras en Muxía do primeiro porto deportivo da Costa.
- 23-09-08: 16 meses de prazo de execución para o porto deportivo de Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).