Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSOE pregunta por que está paralizado o porto deportivo de Muxía e a Xunta responde que segue en trámites

O PSOE pregunta por que está paralizado o porto deportivo de Muxía e a Xunta responde que segue en trámites

Ata a vila da Barca se achegaba onte o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, para visitar o porto deportivo muxián. O PSdeG non entende a situación e afirma que "esixirá explicacións ao Goberno galego en vía parlamentaria pola paralización do Porto Deportivo de Muxía, pendente da concesión para a súa explotación".
Así o confirmou tras manter unha xuntanza co alcalde deste concello, Félix Porto, ao que o líder dos socialistas galegos se trasladou no marco das visitas que está a desenvolver na campaña “Galicia, a nosa tarefa”.

Sinalou que “en Muxía, os socialistas podemos presumir dunha xestión municipal que está a cubrir os ocos que deixa un Goberno galego desaparecido” e lamentou que teña que ser o alcalde o que “dea a cara para solucionar a situación de abandono na que quedaron os veciños e veciñas na asistencia social”.

Trátase dunha obra de máis de 2.5 millóns de euros con 233 prazas de atraque .

Resposta da Xunta

E de contado chega a resposta de Portos de Galicia, que "rexeita calquera acusación de paralización respecto á tramitación dunha concesión para a xestión das instalacións náutico recreativas de Muxía". O ente público lembra que "está a realizar os trámites necesarios para adxudicar a xestión do porto deportivo a unha empresa ou entidade con experiencia no sector, despois de que o primeiro procedemento convocado con este fin resultase deserto".

Aseguran que xa realizaron unha primeira convocatoria para a adxudicación da súa xestión, que foi declarada deserta ante a falta de propostas de empresas ou entidades operadoras, polo que a Xunta "fai un chamamento á todas as partes implicadas para obviar declaracións demagóxicas e centrar esforzos no impulso ao porto."

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdeG.

Comentarios