Luns. 07.10.2024
El tiempo

Detidos un vimiancés e un coristanqués como supostos autores do roubo na Xoeiría de Muxía

Detidos un vimiancés e un coristanqués como supostos autores do roubo na Xoeiría de Muxía
Imaxe da Xoieria Cris de Muxia-Imaxe-GoogleStreetView

Axentes da Garda Civil de Muxía, auxiliados pola policía local da localidade, procederon á localización e posta a disposición xudicial de dúas persoas, unha en calidade de detido e a súa compañeira como imputada, veciños de Coristanco e Vimianzo, respectivamente, ao relacionárselles co roubo cometido, a primeiros do presente mes, na Xoiería Cris, situada na Rúa Real de Muxía.

Os feitos tiveron lugar ao redor das cinco da mañá cando a propietaria do establecemento foi alertada por un veciño no sentido de que tiña unha fiestra e a porta do negocio forzados e os autores do roubo lograran levar varias xoias que estaban nun expositor do escaparate do local.
Un roubo no que sustraeran xoias por valor de varias ducias de miles de euros, fóra realizado cun golpe cun obxecto contundente, pois tiveran que romper unha persiana de metal e o vidro reforzado do escaparate.

Os imputados e as dilixencias foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios