Xoves. 18.04.2024
El tiempo

3 encapuchados rouban tabaco por valor de 2.000€ no Estanco de Carnota

3 encapuchados rouban tabaco por valor de 2.000€ no Estanco de Carnota
Captura do Estanco de Carnota do Google Street View

2 individuos encapuchados, vestidos con pasamontañas, nun Opel Omega, entraron a roubar a pasada madrugada no Estanco de Carnota, aobre ás 3:20h. Os asaltantes intentaron forzar a porta e acabaron rompendo unha fiestra para entrar no local.

Os ladróns puideron roubar tabaco por valor de 2.000€, e menos mal que xusto hoxe era o día que o estanco recibía o camión con máis carga.

Os donos, que viven no piso de arriba, sairon pola ventá ante os ruídos e viron como un dos encapuchados se mantiña no vehículo mentres o outro entraba e saía coa mercancía roubada. Ao velo, os asaltantes fuxiron.

Segundo a Policía Local de Carnota, xa é a segunda vez que rouban no local, pero a primeira xa fóra hai anos, cando unha banda da zona de Carballo, finalmente detida, realizaba batidas polos estancos da zona. Así e todo, había tempo que non se repetía este modus operandi.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios