Esíxenlle ao concello de Muxía que solucione o problema das inundacións en Suxo
07:05 21/01/16
Ademais de en Vimianzo, a forte tromba de agua da semana pasada deixou importantes danos en Suxo (Muxía). O grupo municipal do PP vén de denunciar os danos rexistrados xa que indican que "non é un problema novo para algunhas das familias que residen na zona". Ao paracer, no pasado mes de setembro algúns destes veciños máis afectados xa lles fixeron chegar ao alcalde socialista, Félix Porto, os problemas de inundacións que teñen dende que se repararon os camiños que discorren pola parroquia.
"No pleno de setembro o alcalde comprometeuse a solucionar este problema, pero seguimos esperando", indican os populares nunha nota de prensa. Ante esta situación, membros do PP esixiron no pleno do pasado venres que o alcalde "deixe de mirar para outro lado" e que afronte un problema que se comprometeu a solucionado fai máis de catro meses.
Posible solución
No comunicado de prensa, os populares indican a súa predisposición a colaborar co goberno local para poñer fin a un problema que, na súa opinión, "é sinxelo de solucionar e non supón un gasto importante" para as arcas municipais.
Segundo explican os populares, tan só é preciso instalar o tubo necesario para desviar esta agua á traída xeral. Ademais, advirten que "ainda queda moito inverno por diante" e as inundacións poderían repetirse en calquera momento.
Novas relacionadas
- O concello de Vimianzo estuda medidas para paliar os danos causados polos temporais
- Unha forte tromba de auga anega ducias de comercios e garaxes na Costa da Morte
- O primeiro temporal de 2016 en imaxes.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)