Miñadriña! O que aprenden os peques de Muxía

Como o están a pasar os peques do Concello de Muxía co programa Comeza o novo programa de Igualdade “En Muxía, se queres podes”. Un proxecto que nace co propósito de impulsar a igualdade cun formato creativo, educativo e multidisciplinar. Así, cada xoves e venres os peques da vila acoden ao Edificio de Servizos Múltiples para disfrutar e aprender con Palmira.

A brava mestra de Sardiñeiro, responsable de Mi Madriña, vén de comezar as clases en Muxía xunto coa xente de Nova Xestión Cultural. Forman un equipo espectacular que lle traslada todo o amor e a ilusión a uns peques que responden de marabilla. E o dicimos con coñecimento de causa, que o ano pasado foron unhas sesións de novas tecnoloxías as que impartimos no mesmo marco de igualdade.

Que sigan aprendendo pois estes peques!

Novas relacionadas

Fonte e máis información