Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rede une ás familias de Muxía

A rede une ás familias de Muxía
Alumnos do curso Aprendendo en igualdade coas NNTT de Muxía

Familiares e alumn@s. O programa "Unha ollada en Igualdade", patrocinado pola Deputación e organizado polo Concello de Muxía, está a achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación. Maiores e pequenos aprenden por igual, e en igualdade, xa que o curso ten unha patente componente de igualdade de xénero. E as ferramentas da tecnoloxía non son máis que oportunidades para chegar a ela.

Unha ducia de persoas, boa parte nais, participaron durante o pasado mes no curso e tanto asentaron conceptos de informática, e tamén de igualdade.

Algunhas-das-alumnas-do-curso-de-informatica-en-igualdade-de-Muxia

E non se sabe moi ben a quen lle facía falta máis sesións de igualdade. Pero de informática dende logo as nais. Porque os pequenos están de volta. Estes "nativos dixitais", todos nados entre 2001 e 2005, veñen coas novas tecnoloxías baixo o brazo. Pero nunca está de máis que aprendan dende abaixo, para que manexen estas oportunidades o mellor posible.

E unha das actividades consistiu en crear un blog. Os pequenos alumnos da mañá participaron na creación do espazo conxunto Tod@s xunt@s en igualdade, baixo a dirección informadoreseinformadorasdemuxia.blogspot.com. I é que a chispa xornalística xa saltou dende o primeiro día, e máis despois de descubrir como facer unha "noticia". Ordenador a ordenador, os pequenos foron subindo os seus traballos de power point ao blog de seu.

De seu tamén foron os blogs que crearon pola tarde. Mentres os máis novos do grupo dos maiores atendían a como se publicaba unha nova entrada, os máis maiores crearon as súas propias bitácoras. Aí están xa na rede exemplos como o Que pasa en Muxía que creaba Darío, ou o Que pasa por Muxía de Alejandra e Ainhoa. Tamén houbo lugar para os blogs deportivos, co deporte muxián como bandeira.

Os informadores e informadoras de Muxia Os maiores do curso de informatica en igualdade de Muxia

Así o programa "Unha Ollada en Igualdade" cun curso no IES muxián, impartido de novo por Ubaldo Cerqueiro, coordinador deste diario, no que os maiores da vila mellorarán as súas aptitudes informáticas sempre, coa igualdalde como tema transversal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios