Xoves. 29.10.2020
El tiempo

A mocidade de Muxía exprésase cunha revista satírica

Así é o logo da revista "Muxía hoxe e pasadomañá"
Así é o logo da revista "Muxía hoxe e pasadomañá"
A mocidade de Muxía exprésase cunha revista satírica

Volve demstrar a mocidade de Muxía que está moi viva. Exemplos como o Comarea Experience ou os Muros do Nordés así o ratifican. E o volvemos comprobar co novo proxecto aberto que xa está en marcha.

Seleccionado pola convocatoria Iniciativa Xove, e polo tanto cunha subvención da Xunta de Galicia, está nacendo a revista “Muxía Hoxe e Pasadomañá” (@muxiahoxe). Un proxecto que pretende, a través dun ton irónico, falar de tres problemáticas ecosociais: turistificación, contaminación e despoboamento.

A idea principal é “dar un espacio libre de expresión á xuventude e fomentar a acción colectiva entre nós”, polo que piden que toda a rapazada que queira participar que se animen a enviar fotos relacionados coas temáticas, ou artigos de opinión que respondan á pregunta “Que fas en Muxía?”.

Este domingo 4 de outubro remata o prazo para enviar esta información para ir facendo a revista. Podedes enviar a [email protected] ou no IG @muxiahoxe.

Novas relacionadas

comentarios