Monólogos, Fútbol da Costa, Letras Galegas e moito máis no Maio no Camping Lago Mar
O Cámping Lago-Mar de Muxía, segue da man da cooperativa cultural Horta Creativa, apostando pola organización de eventos para afianzarse como centro cultural da comarca. Así dará a benvida a primavera por todo o alto cunha grande programación para o mes de maio. Será un mes especial no que ademais da programación habitual de concertos e obradoiros haberá eventos sinalados. A axenda inclúe a segunda edición do Concurso de Monólogos, un Día Especial de Fútbol pola final da Copa da Costa, mais un recital poético polo Día das Letras Galegas, entre outras moitas actividades.
Programación mes de maio

A programación do mes de maio inclúe actividades para todas as fines de semanas, con eventos especiais.
II Concurso de Monólogos Lago-Mar:
p>Este mes celebrarse a segunda edición do concurso máis divertido do ano: o Concurso de Monólogos Lago-Mar. Ata o 30 de abril os e as monologuistas aínda poden enviar as súas propostas para participar desta edición. O ano pasado o camping encheuse de público para disfrutar das diferentes fases do concurso. Demelsa Marcote de Camelle resultou gañadora, e moi preto quedaron a fisterrá Alba Castro, o camellán Luís Baña, e o do Pino Tino Barros.
Nesta ocasión as semifinais serán os días 8 e 15 de maio ás 21:00 horas, con 4 participantes en cada xornada; e o 23 de maio ás 21:00 horas celebrarase a gran final coas 4 persoas finalistas! As risas están máis que aseguradas!
Día Especial de Fútbol

O cámping será o escenario do podcast 'Non vale furar'. Gravaranse en directo dous episodios: un con Fito e Santi Canedo, do Bergantiños F.C; mais un especial pola Copa da Costa con Mauro Romaní e Aday Mato.
Ademais, Romaní fará unha valoración do campo do cámping e celebrarse un Crossbar Challengue, con premio sorpresa á persoa gañadora! Quen queira participar pode apuntarse xa en info@campinglagomar.es.
E non é todo: ao medio día haberá pinchos de paella, música, e unha exposición de camisetas antigas do fútbol da costa. Será un día moi especial!
Letras Galegas
En maio chega unha das datas máis sinaladas no calendario galego: o Día das Letras. Este ano o cámping sumarase á celebración cun recital poético.O recital comezará ás 13:00 horas e contará coas voces dos escritores e escritoras: Rosalía Fernández Rial, David Creus, Modesto Fraga, Concha Blanco, Suso Bahamonde e X.H. Rivadulla Corcón.
Foliada + churrascada
O 9 de maio será día de foliada e churrascada. A partir das 19:00 horas Pa Feira co que Temos e Os Roquiños animarán unha xornada que promete ser moi bonita.
Música
No camping non pode faltar a música. O 1 de maio ás 13:00 horas poderase disfrutar da voz e das letras cargadas de sensibilidade da compositora 'Sara Gimeno'. O sábado 2 de maio ás 20:00 horas chegarán os ritmos de América do Sur de 'Tabernarias'; tamén haberá unha sesión de éxitos con 'Revivals' o 16 de maio ás 20:30 horas; e o venres 22 de maio ás 21:00 horas será unha sesión salvaxe e animada coa mestura de ritmos dos fraceses 'FÜLÜ'.
Arte e viño
A ilustradora Laura Tova levará ao camping o seu obradoiro 'Arte e viño' no que mestura a arte, o mar e o viño. Toda unha experiencia inspirada na cultura mariñeira da Costa da Morte.
A actividade ten unha duración de 2 horas e nela tráballase sobre unha ilustración base deseñada por Tova, quen ensinará a técnica do gouache (mestura de cor, capas, textura e luz), e cada participante creará a súa propia versión persoal da ilustración mentres disfruta dunha bebida (pode ser viño ou calquera outra opción con ou sen alcol), mais un petisco.
O prezo de actividade é de 35 euros e é necesario inscribirse en info@campinglagomar.es
Ioga, pilates e brunchh2>
En maio haberá varias sesiónes de ioga e brunch, máis unha de powerfit e brunch e outra de flow pilates e brunch. Trátase duns dos eventos que máis atracción xera no camping cada semana. O día comeza cunha sesión de actividade guiada con vistas ao mar, e continúa cun brunch con zume, café o ou infusión, torradas con diferentes opcións, bolería e iogur con froitas.p>
O 10 de maio será powerfit e brunch, e o 17 de maio ioga e brunch, ambos días con Lila Búa. O 24 de maio haberá flow pilates e brunch con Miriam Amado. E o 31 de maio ioga e brunch con Nuria Calzas. Todas comenzan ás 10:00 horas.
A actividade completa ten un prezo de 28 euros por persoa, e para participar é necesario inscribirse en mailto:info@campinglagomar.es
