Aberto o prazo para a nova edición do Concurso de Monólogos Lago-Mar
07:39 16/04/26
Despois do éxito do ano pasado, atraendo as risas ao camping muxián, o Camping Lago-Mar de Merexo organiza a segunda edición do seu Concurso de Monólogos, con premios en metálico e estancias con pensión completa no camping para as persoas gañadoras.
Os días 8 e 15 de maio celebraranse as semifinais, con 4 participantes cada día; mentres que o 23 de maio serán as finais coas 4 persoas que resulten finalistas.
A inscrición está aberta ata o 30 de abril e dende a organización aportarán cea, aloxamento e almorzo para as persoas participantes máis a un acompañante por participante.



