Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muxía acolle unha palestra da campaña “De Fronte” contra a violencia de xénero da Deputación

María Muíño copia
A deputada de igualdade e normalización María Muíño
Muxía acolle unha palestra da campaña “De Fronte” contra a violencia de xénero da Deputación

A campaña “De fronte”, coa que a Deputación da Coruña quere seguir loitando contra a violencia de xénero, e enmarcada na programación do 25 de novembro, vai chegar a Muxía. Unha campaña que “apela ao compromiso individual e colectivo para loitar contra a violencia machista”.

“DE FRONTE á violencia machista’ non é un lema, é un plan de traballo e de acción política” asegura a deputada de Igualdade, María Muíño, ao tempo que lembra que “desde a Deputación levamos xa moitos anos construíndo rede cos concellos, co tecido asociativo e coa cidadanía para planificar e desenvolver accións que afonden nas causas e solucións a esta grave problemática da nosa sociedade”.

Entre as actividades programadas dende este día 4 ata o propio 25, na comarca tócanos recibir a visita da campaña o xoves 18 de novembro, de 18:00h a 19:00h, no Auditorio Municipal de Muxía. Gloria Porto, traballadora social do Hospital Público de Cee, Raquel Mato, médica de Atención Primaria do C. S. Pontedeume e Isabel Muñoz, directora do CIM de Muxía, traerán a palestra “A importancia do traballo en rede na loita contra a violencia de xénero a nivel local”. As ponentes abordarán a importancia da coordinación de servizos e profesionais de distintos recursos para mellorar o sistema de atención integral á vítimas de violencia de xénero, ao tempo que amosarán en primeira persoa a práctica do traballo en rede no ámbito local.

De fronte Deputacion Coruna

Outras propostas

Na web defronte.gal a Deputación ofrece outros contidos para traballar a igualdalde nos centros educativos que estarán dispoñibles a partir do 15 de novembro:

  • Visual Tinking é unha actividade xuvenil sobre tratamento e prevención da violencia de xénero, a partires de 3 microvídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas.
  • Estará dispoñible o Scape Room, outra actividade singular
  • Entre os 22 e 29 de novembro poderedes ver en defronte.gal o espectáculo ‘Martiña soñadora’, un concerto de música infantil con Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano.
  • O día 25, ás 12:00h, no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña a cargo das poetas Charo Lópes, Nuria Vil e Lucía Aldao. Poderase ver de contado defronte.gal.

Comentarios