Muxía aprendeu como usar a IA no día a día

Presentanción libro IA Muxía Oscar Rey Calo e Fina Paulos

Fina Paulos e Óscar Rey, os premiados mestres do IES Maximino Romero de Lema, realizaron este pasado venres unha nova presentación do su libro "Intelixencia Artificial para a sociedade". A Biblioteca Municipal acollía un acto, organizado pola Asociación Cultural Xervasio Paz coa colaboración do Concello de Muxía, e contou co apoio do BNG de Muxía.

A presentación contou cunha charla sobre a utilidade práctica da IA na vida cotiá, como usar a Intelixencia Artificial para as persoas dende unha perspectiva educativa, moi amena e práctica. A publicación deste libro busca darlle unha oportunidade de achegarse ao mundo da intelixencia artificial a todas as persoas que non sexan expertas na materia, desde unha perspectiva sinxela e amable para todos os públicos.