luns. 17.03.2025
El tiempo

O impacto da Intelixencia Artificial chega a Muxía da man de Fina Paulos e Óscar Rey

libro IA Muxia
O impacto da Intelixencia Artificial chega a Muxía da man de Fina Paulos e Óscar Rey
Este venres 21 de febreiro ás 20:00h, Fina Paulos e Óscar Rey estarán na Biblitoeca Municipal de Muxía co seu libro "Intelixencia Artificial para a sociedade". O acto, que estará precedido dunha charla sobre a utilidade práctica da IA na vida cotiá, está organizado pola Asociación Cultural Xervasio Paz e conta coa colaboración do Concello de Muxía, e co apoio do BNG muxián.

Os mestres do IES Maximino Romero de Lema levan espallando as aplicacións cotiás, e para o ensino da Intelixencia Artificial por todo o estado, dende unha perspectiva educativa, moi amena e práctica. O que buscan os autores coa publicación deste libro é darlle unha oportunidade de achegarse ao mundo da intelixencia artificial a todas as persoas que non sexan expertas na materia, dende unha perspectiva sinxela e amable para todos os públicos.

 

Comentarios