Xoves. 23.05.2024
El tiempo

Dous mestres do IES de Baio, na vangarda do potencial da Intelixencia Artificial no ensino

Familia do IES de Baio no festival de curtas de Plasencia
Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, con dous alumnos de 4º ESO; Enrique e Alicia, no festival de curtas de Plasencia
Dous mestres do IES de Baio, na vangarda do potencial da Intelixencia Artificial no ensino

Non paran de triunfar cos seus traballos audiovisuais que aproveitan o potencial da Intelixencia Artificial. Xa levaron por toda España a o documental sobre o síndrome de Rett feito coa brava Daniela, e este curso seguen recollendo premios con outras propostas. Falamos de Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo. Os dous docentes de secundaria do IES Maximino Romero de Lema, levan pouco máis dun ano implantando a intelixencia artificial en distintos proxectos nos que participaron con alumnado da ESO, Bacharelato e ciclos formativos de grao básico, medio e superior.

Fai pouco recolleron un dos galardóns dos Premios International Youth Film Festival, que se celebraron en Plasencia. E esta vindeira semana volven ter viaxe, para participar o vindeiro martes 21 de maio no Congreso “Transformacion digital e Inteligencia Artificial en la educación”, organizado pola Organización de Estados Iberoamericanos e a Xunta de Galicia. O congreso terá lugar na EGAP: Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

Este foro servirá como plataforma para discutir estratexias e modelos educativos innovadores que promoven a redución da brecha de aprendizaxe e a brecha dixital. E Fina e Óscar explicarán a súa experiencia coa IA na aula trasladando aos asistentes os distintos proxectos postos en marcha nes último curso. Os dous profesores falarán dos últimos proxectos realizados para o fomento da igualdade, concienciar sobre o uso excesivo das pantallas, o fomento do galego, o bo trato ás persoas con diversidade, ou a concienciación na doazón de órganos e tecidos, entre outros.
Destacarán ademais a incorporación da IA xenerativa de música como ferramenta estrela destes últimos meses.

Incidirán tamén no modelo de aprendizaxe por proxectos, unha constante nesta liña de acción coa Intelixencia Artificial. Deste xeito, o alumnado desenvolve en grupo un proxecto e unha rematado é presentado en público, para axudar na motivación e no proceso de falar en público.

Formación

Así mesmo, durante este curso, Fina e Óscar tamén están impartindo a formación do profesorado da Costa da Morte en IA, en radio e na xeración de contidos educativos a través de distintos proxectos formativos de centro que coordinou o Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, a través da súa delegación en Vimianzo.

A liña de acción péchase con este tipo de intervención que resuminos da seguinte forma: aprender, compartir coñecemento e ensinar para poder ofrecer unha educación de calidade.

Máis novas

Comentarios