Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía dá voz ás Silenciadas

Muxía dá voz ás Silenciadas

Acollía este sábado a vila de Muxía unha proxección moi especial. A protagonista era a documental As Silenciadas, unha peza de Pablo Ces e Aurora Marco baseada precisamente nun libro da catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega da universidade de Santiago de Compostela.

Un completo equipo da documental presentouse na vila da Barca, dende os propios Pablo e Aurora, ata o encargado da banda sonora Pilo Sierra. Pablo e Aurora encargáronse da presentación, xunto co alcalde Félx Porto, mentres que Pilo puxo a nota musical á percusión e ao piano para amenizar a sesión cun pouco de música en directo.

Presuposto baixo (non máis de 3.000€) pero moita imaxinación e entrega, foron claves para que a peza vira a luz e para que xa conten con algún que outro recoñecemento en forma de premio.
Unha documental que non deixa a ninguén indiferente mesmo poñendo a pel de galiña en moitos momentos. A temática, centrada nos tempos da guerra civil, repasa as auténticas atrocidades que uns e outros comenteron, falando con verdadeiros protagonistas, xentes que sufriron nas súas carnes, ou nas dos seus familiares, a crueldade da guerra.

A documental fala da loita dos agochados, auténticos guerrilleiros como os que rubían o Monte Pindo para escapar das autoridades. E recorda que non foi ata o ano 52 cando se apresou un dos últimos que quedaban fuxidos. Pero fala en clave de muller, dando a voz a todas aquelas que viviron moitos anos en silencio, sen familia. O seu traballo na intendencia, dando a cara ante os represores facía da súa actividade unha parte fundamental na loita contra o franquismo. "Levaban correos, enlazaban con outras persoas, avisaban por onde andaba a Garda Civil, conseguían armas... e expuxéronse moito por iso", explicaba Aurora, que estivo máis de 4 anos de aldea en aldea falando en primeira persoa.

No Encontro Monte Pindo

A documental volverá pola bisbarra. E o fará noutro espazo clave, o IV Encontro Monte Pindo, o venres 13 de xullo, no que a propia Aurora presentará ademais o seu libro.

Aquí vos deixamos cun par de trailers da documental.

Sesión Palestina en O Xardín

Avanzamos ademais que este sábado 24 de marzo, o Bar O Xardín de Muxía acolle unha charla do Colectivo COSAL Costa da Morte na que varios dos seus membros explicarán as súas experiencias o pasado verán en territorios palestinos. A cita comezará ás 20:45h e rematará cun recitan de Mon Búa e a súa guitarra.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios