Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Muxía e Muros, paradas da singradura do Camiño a Vela

El Camino a vela llega a Muxia_2
Muxía e Muros, paradas da singradura do Camiño a Vela

Fixeron noite en Muxía os peregrinos do mar que participan na IX travesía “O Camiño a Vela”. A flotilla de veleiros partiu esta mañá desde A Coruña ata Muxía para percorrer as 56 millas náuticas da décima etapa de navegación marítima desta singular peregrinación.

Visitaron o Santuario da Virxe da Barca, durmiron no porto e esta mañá xa partiron cara a Muros, onde o grupo descansará ata o venres, gozando da cultura e gastronomía do municipio e participando nun obradoiro coas mariscadoras dentro do programa de travesía que este ano homenaxea ás Profesións Azuis.

El Camino a vela llega a Muxia_1

O vindeiro venres, 28 de xuño, “O Camiño da Vela” continuará o seu itinerario cara á Pobra do Caramiñal, antes de chegar á costa do Salnés para facer escala en Vilagarcía de Arousa, último porto de navegación marítima onde os peregrinos desembarcarán o 29 de xuño e percorrerán a ruta da Traslatio polo río Ulla en catamarán. Ao día seguinte, dende Padrón percorrerán o último tramo a pé ata Santiago de Compostela, punto final desta experiencia de turismo azul sustentable.
O Camiño a vela partiu o 6 de xuño na Rochelle na que é a súa novena travesía -a máis longa da súa historia con 24 días-, desde entón a flotilla de veleiros navega polas costas do País Vasco, Cantabria e Asturias. , facendo escala en Hondarribia, Bermeo, Santurtzi, Laredo, Santander e Xixón, e dende o 19 de xuño pasa por augas de Galicia onde xa fixo escalas en Ribadeo, Cedeira, A Coruña e Muxía.

Comentarios