xoves. 14.11.2024
El tiempo

Muxía Natural confirma a unidade do sector e pide un especialista municipal en Turismo

Secretario da CMAT Pablo Canosa o Presidente de Solpor Jesus Picallo e de Muxia Natural Suso Lema no Fairway
Secretario da CMAT, Pablo Canosa; o Presidente de Solpor, Jesús Picallo e de Muxía Natural, Suso Lema, no Fairway
Muxía Natural confirma a unidade do sector e pide un especialista municipal en Turismo

Días de actividade para os membros da Asociación Turismo Muxía Natural. Están inmersos no Fairway, compartindo traballo e demostrando un paso adiante na unión das entidades do sector turístico costeiro noa Fairway, a feira dos Camiños de Santiago.

Unha experiencia completa, como nos conta o presidente Suso Lema, que ademais de agradecer a colaboración conxunta coas CMAT e Solpor, valora moi positivamente a presencia da Costa da Morte na feira. “Estamos tendo moitas reunións concertadas, algunhas individuais por aloxamento, outras pola entidade… temos tamén varios workshop nos que sempre se aprende…”

Son accións das que se pode apreciar o retorno?, preguntámoslle. “Eu creo que si, son moitos os novos contactos que se fan, e nótase que a xente está interesado neste Camiño diferente, un Camiño de calidade. Nós temos que vender o que nos diferencia, e aí temos gastronomía, natureza, tranquilidade…”

Un xestor turístico municipal

Sandra Vilela con Muxia Natural

Ademais, o pasado venres a entidade mantivo unha das reunións cos grupos municipais. Suso Lema e Canabala reuníronse en Moraime ca voceira do PP Sandra Vilela, á que lle trasladaron as necesidades do sector, que pasan porque o “Concello teña un técnico en Turismo, algo que cremos prioritario”. “Ata o de agora o alcalde levaba a batuta en temas turísticos e entón non tiñamos esa necesidade, pero creo que é moi positivo que se tome en consideración. Quedamos en facer unha cooperación público-privada para artellar todas as iniciativas, e facer unha planificación conxunta”, explica como solución.

”Parece que Sandra é consciente da importancia do Camiño para Muxía”, valora lema.

Novas relacionadas

Comentarios