Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía respostou na presentación de As Crebas

Muxía respostou na presentación de As Crebas
A finais da pasada semana presentábase en Muxía o poemario de Miro Villar “As Crebas”. A presentación estivo organizada pola Fundación Gonzalo López Abente. No acto estivo o alcalde de Muxía e presidente da Fundación, Felix Porto, ademáis da deputada provincial Zaira Rodríguez, os poetas Xosé Henrique Rivadulla Corcón e Alexendre Nerium, e o autor do libro, Miro Villar. Na cita tamén participaron varios poetas da nosa bisbarra, que se uniron para recitar un poema. Falamos de Modesto Fraga, Rosalía Fernández ou Xaime Trillo. A Fundación aproveitou a presentación da publicación para agradecer ao autor o seu apoio e participación no Padroado e na súa Comisión Executiva. Tamén fíxose público o anuncio da edición que preparou Miro Villar do inédito de López Abente, “Bretemada”. A publicación sairá á luz este ano da man da Editorial Alvarellos e a Fundación López Abente. O prólogo será obra de Xosé Luís Méndez Ferrín. Os presentes destacaron o traballo de Miro Villar e calificárono como un “esforzó constante pola dignificación da Costa da Morte e da súa literatura”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Gonzalo López Abente.

Comentarios