Nemiña Concilia
Ata a praia de Nemiña desprazouse a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, para anunciar que nos primeiros días do vindeiro mes de setembro se abrirá o prazo de solicitude do Bono Concilia Familia. A conselleira destacou o papel do campamento de Surf muxián, ao que este verán acudirán arredor de 150 nenas e nenos.
E precisamente para fomentar que as familias poidan colocar ás crianzas en campamentos diurante o verán, a Xunta destina este ano 2,6 millóns de euros a este programa de conciliación. O obxectivo é axudar ás familias nas que traballan ambos proxenitores (un no caso das monoparentais) a sufragar os custos adicionais na atención das súas fillas e fillos durante os períodos non lectivos, como as vacacións de verán.
A contía das achegas pode ser ata 500 euros para as familias que contraten un servizo de coidado a domicilio ou de ata 200 euros para aquelas que leven aos seus fillos a recursos e actividades de conciliación, como campamentos ou ludotecas, excluídos os financiados por administracións públicas.