A deixadez da Xunta sobre os centros escolares ou sanitarios. Reforma ou mantemento. Quen cambia unha ventá?
Levamos falando varias semanas da capacidade que ten a Xunta para deixar en mans dos Concellos, ou mesmo da cidadanía, servizos tan básicos como o SAF, o coidado da alfabetización dixital da veciñanza, ou mesmo os comedores escolares.
Unha deixadez de funcións que se transforma, ás veces, en arma política. É o caso do mantemento de edificios escolares e sanitarios ou instalacións vinculadas co deporte. “Haberá que definir na lei quen cambia as ventanas dun cole”, sinalan dende os Concellos fartos de que non haia unha lexislación concreta que defina o que é mantemento (responsabilidade municipais) das grandes reformas e rehabilitacións (responsabilidade da Xunta.
Son habituais as acusacións entre concellos e Xunta, sobre todo cando son de diferentes cores politicas, como acabamos de vivir arredor dos centros de ensino de Zas, onde a Xunta chegou a asegurar que canalóns de máis de 30 anos sofren por culpa da falta de mantemento, ou no IES Fernando Blanco de Cee, onde a Xunta considera a rehabilitación integral “non prioritaria” porque xa ten investido certos cartos nos últimos anos.
Mantemento de colexios ou de Centros de Saúde: “unha carga terrible”
As competencias en sanidade e en educación están transferidas á Xunta, pero a pesar de levar anos pelexando, a través de negociacións da FEGAMP para conseguir á cesión ao Sergas e á Consellería, son os concellos ten que facerse cargo do día a día das infraestruturas. Tanto en subministracións (combustible, enerxia), como en mantemento (arranxos, tellados, ventás…), como en persoal (limpeza, conserxes, etc).
O tema dos conserxes é curioso, pois é un traballador municipal que podería estar asumindo outros servicios necesario e carencias que ten o concello en temas de personal pero está a disposición da Xunta de Galicia no colexio ou no propio Centro de Saúde. Postos de traballo que son unha carga moi importante para un concello.
”Todo iso xunto, a concellos pequenos, como o noso, suponlle unha carga terrible”, sinalan dende Mazaricos. Pode chegar a levar máis de medio millóns nun orzamento de 8 millóns como o de Santa Comba, onde xa houbo mesmo concentracións en protesta polo mal estado do edificio e pola falta de persoal.
As escoliñas ou os cuarteis da Garda Civil
Os cuarteis da Garda Civl son outros “mortos” cos que cargan os Concellos, tendo en conta ademais que se non é polos concellos, en moitos catos non habería nin local. “E son coste importantes”, aseguran fontes municipais.
As Escoliñas son outro punto, e a Xunta fai ademais aí unha discriminación tremenda entre as de concesión municipal e as que forman parte da rede da Galicia Azul, dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar. Un caso claro é a de Santa Comba: a instalación é da Xunta de Galicia pero o personal é todo do concello. Todas as garderías son 100% da Xunta de Galicia na rede Galiña Azul asumindo eles o 100% dos costes e en Santa Comba a instalación está baixo a súa potestade, de feito veñen a verde o produto cando lles convén pero o Concello asume o persoal e a comida, un gasto enorme.
Hai outros concellos que levan anos intentando transferila á rede autnómica pero a Xunta non accede. Por que? Porque se són municipais a Xunta só ten que aportar o 30% dos gastos.
Instalacións deportivas: Convenios ou Convocatorias
Outro dos puntos que entran neste debate son os modos nos que a Xunta destina fondos destinados á mellora das instalacións deportivas. Dende 2023, a Xunta escolle o modo convenio directo cos Concellos a sacar unha convocatoria de axudas aberta a todos os Concellos.
Denuncia o BNG que deste xeito “a Xunta da as subvencións mediante convenios só aos concellos do PP, como fixeron este último ano”. “Ao contrario do que fai a Deputación da Coruña, que reparte axudas de xeito plural para todos os concellos, o goberno galego négase a convocar subvencións para que os municipios teñan a posibilidade de realizar obras para melloras nos campos de fútbol”, subliñou.
Nesa liña, recordou que “é necesario reformar os vestiarios de todos os campos, pois o auxe do fútbol feminino fai que queden obsoletos e se precisen máis”, facendo referencia ás necesidades que afectan a campos como o de Lombáns en Carnota, o Novo Cubeleiro en Corcubión, o Arasolis de Fisterra, o Vicente Carril de Camariñas ou o campo da Arliña en Muxía.




