Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novos retrasos, e xa van 5 anos, para a posta en marcha do Parador de Lourido

Novos retrasos, e xa van 5 anos, para a posta en marcha do Parador de Lourido
Obras do Parador de Muxia en novembro 2018-Foto-Anxo Castro Estado das obras do Parador de Muxía en novembro 2018-Foto-Anxo Castro

Segue retrasándose a data de entrega do Parador de Lourido. Si, esa infraestrutura hotelera prometida hai 16 anos canda o Prestige para revolucionar o sector hostaleiro da Costa da Morte. A hemeroteca déixanos claro que unha e outra as administracións non cumpren os seus prazos, as súas promesas.

O pasado mes de febreiro as autoridades apuntaban ao verán de 2019. Esta semana, o Director de Paradores Óscar López aseguráballes á expedición costeira na WTM de Londres que a data se achegará máis a finais de 2019 que ao verán.

 

5 anos de retraso

Se esta previsión se cumple, a infraestrutura tardaríase en construír máis de 8 anos, unha vez que a primeira pedra colocouse en setembro de 2011. Daquela, a previsión era que o Parador ía estar en funcionamento en 2014... Apenas 5 anos de retraso...

   

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-parador-de-lourido-poderia-estar-listo-no-veran-de-2019/ https://quepasanacosta.gal/colocada-a-primeira-pedra-do-parador-de-muxia-que-estara-en-funcionamento-a-finais-do-2014/

Fonte

Comentarios