Mércores. 20.01.2021
El tiempo

O alcalde de Muxía pide que non se peche a oficina do ISM

O alcalde de Muxía pide que non se peche a oficina do ISM
Lonxa de Muxía

Xa entre 2009 e 2010 o peche das oficinas do ISM en Muxía, Laxe e Fisterra conlevou serias protestas dende o sector. O traballo do Instituto Social de la Marina segue a ser fundamental para os mariñeiros de cada vila e a súa supresión será un novo varapao para a pesca de baixura.

Así, unha vez superada aquela afrenta e gracias ao rexeitamento social, pero diante das novas informacións de que a oficina do ISM de Muxía vai ser pechada, o Alcalde de Muxía, Félix Porto Serantes, enviou os pasados días, e hoxe reiterou o envío dunhas cartas dirixidas á Dirección do ISM na Coruña, á Dirección Xeral do ISM de España e á Delegación do Goberno.

O Alcalde considera que "o peche destas oficinas suporá un desembolso importante de cartos para a veciñanza do concello de Muxía, que terá que desprazarse a facer as súas xestións a Corcubión". Do mesmo xeito considera que "o municipio muxián non pode perder un servizo que é fundamental para unha poboación , que depende nunha grande parte da pesca, polo que as xestións particulares no ISM son continuas".

O peche desta oficina supón "unha perda de servizos, un agravio importante e unha desatención para os veciños do municipio", polo que Félix Porto solicitou aos tres organismos que se manteña o servizo, cousa que por outra banda non é difícil de manter habendo como hai locais na vila de Muxía destinados ao mesmo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Alcalde de Muxía.

comentarios