Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa

Imaxe do conflito entre bateeiros e percebeiros en Muxía acontecido o pasado mes de maio

Días movidos para os percebeiros de Muxía. Este luns cazaban in fraganti un furtivo nas súas rochas; e onte, mércores, tiñan que achegarse ao Xulgado de Corcubión para acodir a unha citación.

Trátase dunha denuncia presentada polos bateeiros da zona de Arousa, paradoxicamente presentada despois daquel exercicio de invasión e humillación ao pobop muxián, cando máis dun centenar de persoas se presentaban en Muxía para extraer a mexilla local.

Os bateeiros denunciaran agresións de varios percebeiros muxiáns, e 7 tiveron que presentarse no Xulgado. Os que non se presentaban onte foron os denunciantes, polo que semella que o caso non irá a máis.

Volve o problema

Pero o asunto da mexilla, lonxe de terse solventado, está a piques de volver a actualidade. As confrarías xa amosaron o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros, despois de considerar ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántican galega.

Chegará en breve comezos de ano a campaña da mexilla e os bateeiros seguirán con practicamente total liberdade para extraer mexilla, onde queiran e canta queiran.

NOVAS SOBRE PERCEBEIROS