Martes. 19.03.2024
El tiempo

“O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”

Conflito entre bateeiros e percebeiros en Muxia
Imaxe do conflito entre bateeiros e percebeiros en Muxia
“O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”

A problemática vén de lonxe. Xa vai un ano dende que os percbeiros da comarca comezaron unirse para defender as súas pedras ante os bateeiros. E apenas hai unha semana xa avisaban os percebeiros que estaban perdendo a paciencia. Onte foi un punto de inflexión nese conflito coa chegada de case un centenar de bateeiros a Muxía. Un conflito que continúa esta mesma mañá de xoves na Coruña, ata onde se desprazaron moitos percebeiros da comarca para apoiar aos que onte estiveron en Muxía.

Porque onte había percebeiros de Corme, de Caión e da Coruña, apoiando aos homólogos muxiáns, ante a “invasión” de máis de 30 coches, con remolque, e un centenar de bateeiros. “O propio pueblo sentíu como unha humillación pola invasión, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”, explícanos en primeira persoa un dos 72 percebeiros da vila. “Viñeron provocar”, apunta un percebeiro, que ademais asegura que “onte xa intentaron dividirnos ofrecendo cartos aos que teñen lanchas”.

Foron momentos de gran tensión, con insultos, pero gracias ao Sarxento da Garda Civil e o Policía Local de Muxía, a cousa non chegou ás mans.

Ao remate os percebeiros foron falar co alcalde Iago Toba, e pensan manter reunións con todos os voceiros dos grupos municipais.

Posición confusa da Conselleira

Esta semana falou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, tras unha reunión mantida co sector marítimo-pesqueiro da área coruñesa. As súas palabras demostran a posición confusa da Xunta neste momento, pois fala da necesidade de “compatibilizar as zonas”, se ben destaca “o ánimo dos sectores de chegar a un acordo, entendendo que nin os bateeiros necesitan o percebe nin os percebeiros necesitan a mexilla porque non teñen onde vendela máis que aos propios bateeiros”.
A Conselleira asegura que están “traballando para sombrear zonas e evitar conflitos”, pero por agora non se sabe nada.

Vixilancia 24 horas

A inacción da Xunta únese a outras problemáticas que sofren os profesionais do mar como é o furtivismo. A Directiva da Agrupación de Percebeiros de Muxía deu un paso adiante e se comprometeu a facer vixilancia 24 horas, o que conleva que os propios percebeiros pasen semanas sen apenas durmir.

Unha problemática moi difícil, pois xa houbo casos de denuncias por parte dos furtivos aos percebeiros, por supostas agresións, que poden ter consecuencias xudiciais. “Aínda por riba de defender o noso mar e o noso traballo, temos que sufrir estas cousas”, apuntan.

Novas relacionadas

Comentarios