O Policía Local Manel Blanco, homenaxeado no CEIP Vilarmide polo Día da Paz

Que fermosa e que merecida homenaxe recibiu Manel Blanco Lema no CEIP Vilarmide Eduardo Noya. O centro quixo celebrar o Día da Paz invitando a unha a unha persoa moi familiar. Porque saben que a paz empeza levándose  ben coas persoas máis próximas. E por iso que conmemoraron unha data tan simbólica con Manel, que vai cumprir  25 anos como policía municipal de Muxía.

Dende hai unhas semanas o alumnado coñeceu e debuxou a súa vida persoal e laboral que foi recollida nun pequeno libro. Durante case 2 horas Manel falou de forma entusiasta do seu traballo e do seu espírito de servizo á sociedade. Contou algunhas das súas  intervencións máis espectaculares polas que foi galardoado, pero tamén recordou a importancia de cumprir coas normas de seguridade cando viaxamos, de respectar as leis e dos temas que máis lle preocupan como persoa e como policía:  Os dereitos da infancia, o acoso escolar, o maltrato contra a muller e as imprudencias que poden causar feridos ou mortos.

Para rematar a xornada firmou no libro de visitas e recibiu “a súa biografía cos debuxos orixinais dos nen@s” e a bandexa coa mascota do colexio: O Lobo Toxiño que recolleu  emocionado.  

Tanto as mestras como os alumnos quedaron impresionado@s coa  importante entrega que Manel ten ao servizo á veciñanza e despedíronse considerando que xa forma parte da familia de Vilarmide