sábado. 25.10.2025
El tiempo

Lucía Pazos espalla a Danza das Espadas no CEIP Vilarmide

Danza das Espadas no CEIP Vilarmide
Lucía Pazos espalla a Danza das Espadas no CEIP Vilarmide

Que necesaria é a transmisión xeracional das nosas tradicións. E niso, a nosa comarca é pioneira. Este pasado venres, o CEIP de Vilarmide Eduardo Noya, recibiu a visita de Lucía Pazos en nome da Asociación Protectora da Danza das Espadas de Quintáns.

Lucía estivo falando co alumnado da importancia que teñen as "danzas brancas" no noso patrimonio cultural inmaterial. Axudada por un vídeo explicativo, transmitiu a súa paixon pola nosa cultura, non só pola danza, senón tamén pola música, xa que ademáis de bailar toca a pandeireta nun grupo de música tradicional galega, algo que lle ven de herdanza xa que é neta de Pazos de Merexo.

Na súa charla resaltou o papel que as mulleres tiveron na conservación desta tradición e no avance importante (aínda que, en principio, non o pareza) que supuxo para o feminismo a incorporación das mulleres nunha danza na que só participaban homes (co correpondente escándalo cando viron danzar ás primeiras mozas hai non moitos anos e hoxe, afortunadamente, vese como algo lóxico e natural). Tamén falou da "democratización" do traxe porque aínda que a camisa, o pantalón e a faixa eran iguais para todos, o sombreiro que levaban se enfeitaba de forma diferente (con máis flores e adobíos según a economia de cada familia) Hoxe levan unhas cintas iguais para todos.

Lucía é tamén unha gran deportista: é judoka e no seu palmarés ten incontables premios a pesar da súa xuventude. Animou ao alumnado a practicar deporte valorando a importancia que ten para mellorar a nosa saúde, a nosa mente (disciplina) e a nosa personalidade (aínda que sexa un deporte individual, dependes dun equipo e aprendes a respetar aos teus contrarios).

Por último, fixo unha actividade práctica que encantou ao nenos e as mestras que a viron (algunha incluso atreveuse a participar).

Antes de marchar, unha alumna, outra Lucía, fixolle entrega dunha bandexa de barro de Buño, coa mascota de Vilarmide "o lobo Toxiño" o cal tamén dou pé a falar da riqueza da nosa artesanía e do avance da muller tamén nese ámbito, unha bandexa foi feita por Carmen Isabel Labrador, primeira muller oleira de Buño que chegou a ser a presidenta da asociación é que tamén estivo no colexio, pero iso xa é outra historia).

Máis novas

Comentarios