Un Samaín aterrador no CEIP Vilarmide
 
              No CEIP de Vilarmide Eduardo Noya (Muxía) cando hai que traballar se traballa, pero cando hai festa... traballan as familias.
Este xoves, como os centros de todo o país, celebraban o Samaínm e a entrada do colexio apareceu decorada cunhas horripilantes cabazas que fixeron os nen@s coas súas familias na casa.
Por un día, os nenos foron os que provocaron medo nos profes en vez de ser ao revés. Desfilaron polo colexio: bruxas, homes lobo, personaxes de películas de terror, arañas, zombis, monstros, demos, esqueletos ... e moitos outros disfraces terroríficos.
Houbo tamén concurso. A condición para participar no concurso era que os disfraces non podían ser comprados, nin ser feitos con plásticos, xa que en todas as actividades procuramos ter en conta o coidado do medio ambiente e a reciclaxe.
A votación foi moi reñida porque só había 3 premios e o xurado (as mestras) tivo que tomar unha difícil decisión porque todos eran aterradores. Ao final déronse 4 premios porque houbo un empate.
Os premiad@s foron Salma Rodríguez Filgueira, Olympia Quintáns Castro, Xiana Leira Ruíz e Mateo Bardanca Moreira.
Por votación do alumnado gañaron:
    -    Marta Barrientos Lires
    -    Manuel Rodríguez Pérez
    -    Lucas Paz Pazos
Accesit (non estaban previstos, pero a calidade dos traballos impúxose)
-    Lucía Senlle  Sánchez
-    Salma Rodríguez Filgueira
Todo o alumnado tivo un pequeno premio (lapis, goma e tarxetas de Samaín) pero o premio principal foi unha mañá de risas e diversión, e sen que se deran conta os alumno, tamén de aprendizaxe (a ANPA organizou un taller de robótica e outro de manualidades que lles encantou a rapazada)
 
       
       
             
             
             
        
 
           
          