xoves. 23.01.2025
El tiempo

O CEIP Vilarmide centrou o seu Nadal Solidario coas persoas sen fogar

Nadal no CEIP Vilarmide
O CEIP Vilarmide centrou o seu Nadal Solidario coas persoas sen fogar

O alumnado do CEIP de Vilarmide Eduardo Noya pechou este vernes un trimestre cheo de actividades e de ensinanzas que non saen nos libros de texto, pero que tamén se aprenden: ecoloxismo, solidariedade, empatía…

Ao longo do trimestre foron capaces de xuntar varios kilos de tapóns para a fundación SEUR.

Tamén atravesaron o planeta para loitar contra a Mutilación Xenital Feminina e contra os matrimonios infantís comprando pulseiras masais (ONG Mundo Cooperante) e difundindo a terrible realidade de millóns de nenas e mulleres en todo o mundo.

Recolleron móbiles para a fundación Jane Goodall, pois son membros colaboradores co grupo VIDArmide.

Nadal Solidario no CEIP Vilarmide

Para rematar xuntaron montóns de doces e de regalos para celebrar o III Nadal Solidario co Fogar de Sor Eusebia (66 homes) e co Fogar de Santa Lucía (16 mulleres) onde viven persoas que, por diferentes causas, estaban en risco de exclusión social. Foron moitos os paquetes que levaron os representantes de ambas institucións con turróns, bombóns, mazapáns, melocotóns, xeles de baño, pixamas, zapatillas, colonias e un montón máis de regalos. Pero, sen dúbida, o que máis lles emocionou foron as postais feitas polo alumnado para cada unha das persoas que alí viven. Unha forma artística e chea de cariño para loitar contra a invisibilidade. Durante case 2 horas estiveron falando da súas experiencias e respondendo ás preguntas que nais e nen@s lles fixeron. Foi unha xornada moi emotiva. Os nen@s destacaron o valor de estas persoas, a súa forza, o sentido de amizade e despedíronse ata o ano que ven dos que xa son parte da súas vidas.

Dende o centro queren agradecer a implicación en todas estas actividades tanto ás familias como a toda a veciñanza.

Pulseiras do CEIP Vilarmide

Máis novas

Comentarios