Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca

Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca
Romeiros na Pedra de Abalar na Barca de Muxia - Foto- Braulio Garcia

Seica este ano non houbo tanto botellón coma outros, non houbo tantas tendas de campaña tomando a vila, pero a Romaría da Vírxe da Barca, Festa de Interese Turístico, segue a ser a Festa das Festas da Costa da Morte. Estes días, a falta da gran cita do luns, a cita máis auténtica, a cita dos romeiros locais, volveron demostrar que a Barca é moita festa.
Unha Barca que, de feito, traspasa fronteiras, como nos fixeron chegar dende o ABC de Corcubión de Bos Aires, que celebraron a pasada noite dominincal, a Virxe cunha gran cea da man dos Peninsulares.

Foi o ex alcalde Jesús María Barrientos Antelo o que abríu as festas o pasado venres. Dúas noites continuas de verbena ata o mencer, con 3 orquestra fixeron que mozos de toda a Costa da Morte e de toda Galicia se achegasen á Costa, a pesar dos altos prezos (ata 35€ por tenda) para acampar.

Así seguen convivindo, unhas veces mellor que outras, os mozos do botellón cos maiores romeiros. Uns pola noite, outros polo dia, pero é que esta festa é para todos os públicos.

A febre romeira culmíanse a golpe de domingo, cando pola mañá as Pedras da Punta da Barca e o Santuario reciben a milleiros de romeiros de todo o país. Cadaquen cumpriu o ritual como puido. Houbo que pasou 9 veces por embaixo da pedra dos cadrís, pero non houbo quen fose capaz de abalar a Pedra homónima. Pero todos difrutaron co ambientazo.

E aínda queda o que para os muxiáns é a mellor noite. Xa hai anos que a Panorama non falla nos luns da Barca, e este 2012 non vai ser menos. Hoxe, a vila da Barca porá o broche de ouro a estas Festas 2012.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios