Semana de Arte e Sargo no Camping Lago-Mar

campin lago mar semana arte
Semana de Arte e Sargo no Camping Lago-Mar
O Camping Lago-Mar presenta a primeira parte da súa programación de setembro. Do 1 ao 7 celebrarase unha nova edición da Semana da Arte, con artistas convidados que irán ao camping a crear a súa obra en directo. Ademais, o sábado 6 de setembro celebrarse a Festa do Sargo, poderase degustar este peixe con distintas guarnicións e haberá concerto do grupo tradicional Pa Feira co que Temos e foliada libre. Esa semana tamén haberá obradoiros e concertos. 

Semana da Arte, Festa do Sargo, obradoiros e concertos: 

Tralo éxito da edición de xullo o camping celebrará do 1 ao 7 de setembro unha nova Semana da Arte. Na pasada ocasión foron máis dunha ducia os e as artistas que pasaron polo camping e crearon a súa obra en vivo. A próxima semana, tanto quen se aloxe no camping coma todas as persoas que o desexen poderán achegarse e gozar da arte en vivo durante sete días. 

A vindeira semana haberá outra data especial, será o sábado 6 de setembro, cando se celebrará a Festa do Sargo. A partir das 13:00 horas poderase degustar este peixe acompañado de distintas guarnicións (este será o único plato que se servirá ese día no camping na hora da comida). 

O grupo de música tradicional Pa Feira co que Temos será o encargado de amenizar a mañá e tras eles haberá foliada libre. Polo que convidamos a vir cos instrumentos e participar da foliada!

Ademais, a programación da seamana inclúe dous obradoiros e concertos. O venres 5 de setembro de 18:00 a 19:00 horas a aritsta Laura Caneira impartirá o obradoiro de debuxo “Unha liña, un xesto”, pensado para persoas que queiran reconectar co debuxo nun ambiente de xogo e experimentación. Ese mesmo día ás 19:30 horas haberá concerto do grupo Noite Fechada. 

Por último, o domingo 7 de setembro haberá unha mañá de Ioga e brunch. Trátase dunha actividade que ten moito éxito no camping. Comeza ás 10:00 horas, ten un prezo de 25 euros e inclúe a clase de ioga guiada e o brunch. É necesario inscribirse no correo info@campinglagomar.es.

Máis novas

 

Comentarios