“Touriñán, solpor de Europa” xa ten o seu clube de amigos
10:39 30/09/15
Solpor no Touriñán con Eduardo Verdes
Despois da boa acollida que tivo a súa primeira actividade, a asociación Muxía Turismo Ruralacaba de crear o Clube de Amigos de “Touriñán, solpor de Europa” ao que se pode sumar toda aquela persoa que así o desexe dende calquera parte do mundo.
Os interesados deben enviar un correo a [email protected] para recibir un carné de Amigos, de forma totalmente gratuita. Ademais, todos os Amigos terán un desconto directo do 10% nos servicios dos establecementos da entidade promotora (http://www.muxiaturismorural.com). Os Amigos serán igualmente informados de maneira puntual das actividades que se desenvolvan.
Novas relacionadas
- O de Touriñán, o Solpor de Europa
- Para que o Faro recupere a súa voz.
- É o Cabo Touriñán o punto máis occidental da Europa Continental? .
- Unha de faros abertos e pechados.
- Recunchos da Costa: Cabo Touriñán.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación Muxía Turismo Rural