As traballadoras do SAF de Muxía volveron ao pleno para esixir o pago dos seus soldos
24 de xaneiro de 2024 (09:28 h.)
Continúan os problemas de cobros das profesionais do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Muxía. Xa a semana pasada o PP denunciaba a situación e onte as traballadoras volveron saír á rúa e asistir ao pleno cargadas de pancartas.
Pancartas con todas as súas demandas, sendo a principal esixencia a xestión directa, que sexa o concello o que xestione este servizo primordial para a saúde dos nosos maiores.
”Abono dos salarios xa”, “Queremos cobrar, non mendigar” ou “Solución definitiva, Xa” foron algunhas das mensaxes que lanzaron con rotundidade ás traballadoras, amparadas pola CIG.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 23: As traballadoras do SAF de Muxía exixen unha solución definitiva aos retrasos dos pagos dos seus soldos.