As traballadoras do SAF de Muxía volveron ao pleno para esixir o pago dos seus soldos
09:28 24/01/24
Continúan os problemas de cobros das profesionais do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Muxía. Xa a semana pasada o PP denunciaba a situación e onte as traballadoras volveron saír á rúa e asistir ao pleno cargadas de pancartas.
Pancartas con todas as súas demandas, sendo a principal esixencia a xestión directa, que sexa o concello o que xestione este servizo primordial para a saúde dos nosos maiores.
”Abono dos salarios xa”, “Queremos cobrar, non mendigar” ou “Solución definitiva, Xa” foron algunhas das mensaxes que lanzaron con rotundidade ás traballadoras, amparadas pola CIG.